Desde o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela animamos a cidadanía a participar activamente na manifestación, que baixo o lema "Contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública", percorrerá as rúas de Santiago este domingo, 3 de xuño, a partir das 12:00 con saída dende a Alameda.
viernes, 1 de junio de 2012
jueves, 31 de mayo de 2012
Valoración segunda mesa informativa
Unha vez máis Esquerda Unida Compostela estivo nas rúas de Santiago, tanto para repartir o noso boletín informativo como para escoitar as demandas das persoas que se achegaban até a nosa mesa.
Resultou evidente, pois se falou en máis dunha ocasión, que a cidadanía non entente o proxecto de ordenanza, que hoxe se levará ó Pleno, e que, entre outras cuestións, quere tranformar o dereito a información nunha fonte de ingresos.
Por último tamén cómpre destacar que, ademais do interese de moitas persoas por recibir no seu correo electrónico os actos, comunicados, mocións... que leve a cabo esta organización, a nefasta xestión que tanto o PSOE como o PP están a levar a cabo sobre o sistema bancario, sendo Bankia o tema central, provocou que moita xente fixera pública a súa indignación.
Convocatoria asemblea aberta 07-06-2012
Prezado
veciño / Prezada veciña
Coas presentes palabras desexo, en nome da
organización da que son coordinador na comarca de Compostela, animarte a que
participes con nós no debate de ideas e de reformulacións programáticas que
terá lugar o xoves 7 de xuño de 2012.
Convídote co desexo de que contribúas co teu grán de
area a crear as bases esenciais para parar o estado actual de quebra no que nos
teñen sumidos as forzas reaccionarias do capitalismo salvaxe.
Non podemos deixarnos vencer polo pesimismo, xa que
iso significaría entregar un cheque en branco para que o noso futuro sexa un
terreo ermo de servizos públicos, ermo de igualdade de oportunidades. Eles só queren un futuro feito a medida do que tem diñeiro. Non permitamos
que o fagan.
Nós non queremos iso. Queremos
que a solidariedade se impoña á cobiza; que a xenerosidade se impoña ao egoísmo
e que a ética e a transparencia triunfen sobre a corrupción e o escurantismo.
Como poderás comprobar nas distintas propostas que compoñen o noso documento, Un
proceso transformador da sociedade. Ideas para unha revolución cidadá,
queremos establecer pasos, pequenos pero firmes, con vistas a avanzarmos na
configuración dunha Xunta máis social, preocupada pola maioría social e firme
defensora do ben público.
Agardámoste o xoves 7 de
maio, a partir das 20h30 en Fontiñas (r/ Dublín 8 baixo) na
Asemblea Comarcal Aberta. En caso de non poder vir, por calquera
circunstancia, pero desexas achegar as túas ideas, podes facelo ben
participando como delegado ou delegada na Convención Provincial que terá lugar
o 16 de xuño en Coruña, ben enviando as túas suxestións ao enderezo electrónico
da nosa organización (eu-santiago@esquerdaunida.org).
Atentamente, recibe unha
cordial aperta
Xabier Ron
Coordinador Comarcal de
Esquerda Unida Compostela
ORDE DO DÍA
ASEMBLEA COMARCAL ABERTA
7-XUÑO-2012
rúa Dublín 8
baixo, ----- 20h30
- Debate do documento político (pídeo a través do correo electrónico)
- Elección de delegados/as para asistir á Convención Provincial da Coruña (16 de xuño de 2012)
- Proposta de candidatos/as para as Eleccións á Xunta de Galicia
- Varios
viernes, 25 de mayo de 2012
Moción aviso audiovisual de paradas
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presenta unha nova moción, nesta ocasión pedimos a instalación no transporte público de un mecanimos audiovisual de aviso de paradas.
Aquí tedes o texto da moción:
Aquí tedes o texto da moción:
Esquerda Unida Compostela, tal e como reflicte nos seus programas
electorais, fai unha defensa do transporte público, sustentable económica e
medioambientalmente, tanto para a cidade de Santiago como para a súa comarca.
Por iso o Consello Comarca de Esquerda Unida Compostela en moitas das súas
iniciativas ou comunicados expón as distintas maneiras de acadar un transporte
público, eficaz e eficiente, a un custe razonable, que consiga abortar o uso do vehículo
privado, acadando o aforro tanto no peto dos usuarios como nas emisións nocivas
para o medioambiente e a saúde.
Mais nesta ocasión consideramos que a medida que expoñemos, ademais de
necesaria, debería ser apoiada por todos o grupos políticos con representación
no Pleno e levada a cabo o antes posible, pois pedimos que en todos os
autobuses do transporte público se habilite, como xa existe na Coruña e noutras
cidades, un sistema audiovisual indicando as pertinentes paradas que se van a
realizar.
A doada explicación de porque sería necesaria esta instalación se pode
obter con dous exemplos claros, máis que factibles na nosa cidade, habendo por
suposto máis motivos que xustifican esta instalación.
O motivo dun aviso sonoro de parada, indicando o nome da mesma, axudaría á
utilización do transporte público por parte de persoas invidentes que acharían
neste sistema un apoio destacable para a súa independencia para moverse pola
cidade. Outro motivo que xustificaría esta instalacións no apartado visual
sería porque axudaría ós turistas, un dos motores económicos da cidade segundo
expresan en todos os Plenos o PP, PSdeG e o BNG, a desprazarse dende o lugar
onde pernoctan até os distintos puntos da cidade, pois contaría cun aviso no
que, ademáis de poñer o nome da parada, se indicase o número da mesma
facilitando unha mellor comprensión e mobilidade.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro.- Habilitar un sistema
audiovisual de aviso de paradas nos autobuses da rede urbana
jueves, 24 de mayo de 2012
Valoración mesa informativa
Tal e como se anunciara Esquerda Unida Compostela estivo, unha vez máis, nas rúas da cidade, nesta ocasión cuha mesa informativa na que todas as persoas que así o quixeron se acercaron para recoller o noso Boletín "Voces", ademais doutros materias, tamén para indicar un correo electrónico no que recibir a información do que o Consello Comarcal de EU Compostela, e por suposto para aclarar dúbidas ou facer demandas para mellorar a convivencia en Santiago.
Dado o éxito obtido, e mentres sexa gratis facer uso das rúas para expresarse libremente, Esquerda Unida Compostela repetirá esta iniciativa, se o tempo acompaña, o vindeiro mércores, día 30 de maio, a partir das 17:30, outra vez en Porta Faxeira.
Mais se non vos é posible acercarvos a esta mesa, e tal como se lle indicou a todos aqueles que se acercaron a falar con nós, estamos a vosa disposición en eu-santiago@esquerdaunida.org para calquera suxerencia, ou por se queredes indicar un correo electrónico o que enviarvos as nosas actividades, comunicados, mocións...
miércoles, 23 de mayo de 2012
VII Asemblea Galega de Inmigración e Emigración de Retorno
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela animámosvos a participar na asemblea que o Foro Galego de Inmigración, do que EU forma parte, levará a cabo en Coruña.
Aquí tedes a convocatoria realizada dende o FGI:
Aquí tedes a convocatoria realizada dende o FGI:
FORO GALEGO DE
INMIGRACIÓN
Convocatoria Final da VII
ASEMBLEA GALEGA DE INMIGRACIÓN E EMIGRACIÓN DE RETORNO
Día: Domingo 27 de Maio de 2012
LUGAR: A
CORUÑA. ESCOLA MUNICIPAL DE
MÚSICA (Rúa A Torre nº 67- A Coruña, na zona do Campo de Marte)
Entre ás 10-19:00 h
LEMA: É RACISMO, NON É AUSTERIDADE
Aberta a participación de calquera persoa ou entidade interesada.
Programa:
10:00 H: Acollida/Acogida (Salón
de Actos da Escola Municipal de Música)
10:30 H: Dinámica de Benvida/
Dinámica de Bienvenida (Salón de Actos
da Escola Municipal de Música)
11:00 H: Mesas de Diálogo por
temas/Mesas de Diálogo por temas (Reparto
de alimentos-Restriccións no acceso ao sistema sanitarios-situación das
empregadas de fogar- persecución policial ao colectivo inmigrante/ Reparto de
Alimentos-Restriciones al acceso al sistema sanitario- situación de las
empleadas de hogar- persecución policial al colectivo inmigrante- Aulas da Escola Municipal de Música). Cada
persoa participante escollera de forma libre o grupo no que quere
participar.
12:30H: Descanso e Preparación do
Acto Público.
12:45H: Manifestación (dende o Campo de Marte ata o Obelisco). Lectura do Manifesto ás
13:30H./ Manifestación (desde el Parque de
La Torre hasta el Obelisco. Lectura do Manifesto a las 13:30 H.
14:30H: Xantar/Comida (Campo de Marte) Hai que traer a comida para compartila- Hay que traer la comida para
compartirla)
16:00H: Dinámica de
Dixestión/Digestión (no Campo de Marte
16.30H: Mesas de Diálogo
Mixtas/Mesas de Diálogo Mixtas (Aulas da Escola Municipal de Música)
18:00H: Presentación de Accións
Conxuntas-Espazo de Participación Asemblearia/ Presentación de Acciones
Conjuntas-Espacio de Participación Asamblearia. (Salón de Actos da Escola
Municipal de Música)
19:00H: Remate da Asemblea/ Final
de la Asamblea
Haberá Servizo de Gardería durante a celebración da Asemblea, se é
preciso e recordade que, hai que levar a
comida para compartila.
Para calquera dúbida ou aclaración Contactar con: Miguel(981-576142-662307019) ou Rocio( 981-580506-600-876480)
Tamén:
Email:foroinmigracionsantiago@yahoo.es
O
prazo para comunicar a participación na Asemblea remata o venres
día 25 de Maio.
Haberá un autobús gratuíto con saída dende
a Rúa San Roque (enfrente do Centro Traballo e Cultura ) en Santiago o domingo
día 27 ás 8:15 H. e Volta ás 19:00 H
dende A Coruña. Previa inscrición por mail, telefóno ou avisando no propio
Centro de Traballo e Cultura (Rúa San Roque nº 6 Bis).
martes, 22 de mayo de 2012
Comunicado polas novas taxas anunciadas
O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA ALÉGRASE DE QUE O PP FAGA
EFECTIVA A NOSA MEDIDA, PROPOSTA NUNHA MOCIÓN O 1 DE DECEMBRO DE 2010, DE
APLICACIÓN DE TAXAS ÓS CAIXEIROS AUTOMÁTICOS.
O
CONSELLO COMARCAL DE EU COMPOSTELA ESIXE
MAIOR
INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS LEVADAS A CABO.
O Consello Comarcal de EU Compostela recibe con
agrado, unha vez máis, que o goberno local faga efectivas a medidas que esta
organización propón nas mocións presentadas.
Nesta ocasión, como xa se fixera coa regulación semafórica
da rúa Pitelos por parte do PSdG e o BNG, o PP toma nota da nosa moción,
presentada o 1 de decembro de 2010, na que pedíamos que se elaborara unha
ordenanza fiscal reguladora da taxa por instalación de caixeiros automáticos
nas fachadas dos inmobles con acceso directo dende a vía pública.
Mais, como vén sendo habitual con calquera goberno
local, a información é moi reducida polo que non podemos valorar correctamente
se a medida tomada polo goberno do señor Currás é tan ambiciosa como a nosa
proposta ou unha mera actuación cosmética.
Tamén queremos recalcar que dado a falta de
información, para o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela non se
identifica correctamente que entende o PP por cobrar unha taxa a mesas
informativas situadas na beirarrúas.
A falta de máis información adiantamos que a nosa
organización considera inadmisible que se cobre unha taxa por mesas
informativas a ONGs, sindicatos, partidos políticos e outras organizacións sen
ánimo de lucro que utilicen a vía pública para dar a coñecer as súas
actividades.
Por todo isto, unha vez máis, reclamamos que o
anuncio de medidas se explique de forma pormenorizada e que os pertinentes
borradores de ordenanzas sexan aloxados na páxina web do Concello para que a
cidadanía que o desexe poda ter a información precisa.
Mesa informativa
Afiliados, afiliadas e simpatizantes de Esquerda Unida Compostela instalarán unha mesa informativa o mércores, 23 de maio, a partir das 17:30, na Porta Faxeira, para repartir á cidadanía o noso boletín "Voces" e atender ás dúbidas que se lle expoñan.
martes, 15 de mayo de 2012
Mobilización polo Día das Letras Galegas
Este xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas saímos ás
rúas de Compostela porque queremos facer valer ás múltiples razóns que
sosteñen a causa da nosa lingua, alén dos ataques, prexuízos,
ignorancias e rancores que alimenta o Goberno do PP.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela fai unha chamada á cidadanía a participares na manifestación que sae ás 12:00 h. dende a Alameda para reivindicar e festexar o primeiro dos nosos bens, o que nos permite falar, debater, amar e loitar: a nosa lingua e cultura. Patrimonio do que o PP pretende desposuírnos.
Esquerda Unida participará na mobilización con faixa propia, polo que convoca a toda a militancia e aos simpatizantes as 11:45 h. a carón das dúas Marías, na Alameda.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela fai unha chamada á cidadanía a participares na manifestación que sae ás 12:00 h. dende a Alameda para reivindicar e festexar o primeiro dos nosos bens, o que nos permite falar, debater, amar e loitar: a nosa lingua e cultura. Patrimonio do que o PP pretende desposuírnos.
Esquerda Unida participará na mobilización con faixa propia, polo que convoca a toda a militancia e aos simpatizantes as 11:45 h. a carón das dúas Marías, na Alameda.
viernes, 11 de mayo de 2012
Xuntanza coa AV O Camiño das Fontiñas
REPRESENTANTES
DO CONSELLO COMARCAL ESQUERDA UNIDA COMPOSTELA REUNÍRONSE COA A.V. O CAMIÑO DAS
FONTIÑAS
O
CONSELLO COMARCAL DE ESQUERDA UNIDA APOIA A ELABORACIÓN PARTICIPATIVA DUN PLAN
GLOBAL DE ACCIÓN NO BARRIO PARA CORREXIR AS DEFICIENCIAS EXISTENTES
Os representantes do Consello Comarcal de Esquerda
Unida Compostela, José María Tubío, Xenxo Redondo e Vicente Vázquez, mantiveron
unha xuntanza con membros da directiva da AV O Camiño das Fontiñas.
Como medida urxente e efectiva os representantes
do Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela manifestaron, unha vez máis,
que a solución, tanto para o barrio que representan na AV O Camiño das
Fontiñas, como para calquera outro dos barrios da cidade, ten que acometerse
dunha maneira global e coordinada non a través de meros parches.
Por iso apoiamos a necesaria elaboración dun plan
global de acción sobre este barrio, que ademais de ser debidamente explicado ós
veciños e veciñas, conte coa súa participación tanto no pertinente debate como
na aplicación de medidas correctoras das deficiencias existentes.
Unha das principais queixas expresadas polos
representantes da AV, foi a situación na que se atopan as beirarrúas no barrio,
dende claras barreiras arquitectónicas que dificultan a mobilidade das persoas,
até o deterioro do piso ou o estreitas que son en varios tramos.
Tamén se criticou que en moitas ocasións as
beirarrúas sexan utilizadas como aparcadoiros improvisados ou a maleza que
existe en algunhas partes, remarcando que aínda existen zonas do barrio que nin
contan cunha necesaria beirarrúa como, por exemplo, a rúa Coto ou a Altiboia.
Outra cuestión tratada na xuntanza foron as
posibles solucións que se poden aplicar para mellorar a circulación no barrio,
remarcando como exemplo, para evitar os riscos existentes, que se mude o
sentido da circulación nas rúas Cotaredo e Jaca.
Resaltar tamén que na mencionada rúa Jaca se
manifestou que tras unhas obras recentes, cometeuse o erro de unir as tubarias
pluviais coas fecais, polo que en algunha ocasión ocorreron problemas cos malos
olores.
Dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida
Compostela queremos remarcar a inquedanza veciñal polo deterioro de varias
farolas, polo que reclamamos, ademais das melloras pertinentes na iluminación,
un estudio para avaliar o estado farolas do barrio e a substitución das que se
consideren un risco.
Por último recalcar o noso apoio e compromiso coas
reivindicacións veciñais dentro das nosas posibilidades.
miércoles, 9 de mayo de 2012
Moción plans de convivencia cidadá
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentou unha nova moción, nesta ocasión, tralo debate e participación cidadá pertinente, pedimos a creación de plans para solucionar os problemas de convivencia que poidan existir na cidade.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela considera que o Concello,
a través do debate e con plans de actuación e non con demagoxia e
autoritarismo, debe velar por garantir a convivencia cidadá.
No escaso tempo de goberno local o PP mostrou claramente a súa faciana
demagóxica, e a participación cidadá redúcese á mínima expresión.
No tocante a convivencia na cidade, un dos temas recorrentes do PP local é
o botellón, aplicando unicamente solucións punitivas ou recorrendo ó circo
mediático, hai que recordar como o ex-alcalde Conde Roa foi “dialogar” polo
noite cos mozos e mozas que realizaban esta actividade, por suposto o debate é
necesario, pero nos lugares e horas adecuados.
Mais non só o PP recorre á demagoxia e populismo para “facer política” cos
problemas de convivencia que poida haber na cidade, cómpre salientar como
recentemente o PSdeG se acordou das persoas sen fogar, indixentes segundo as
palabras do representante do PSdeG, que segundo manifestan enturbian o benestar
da cidade con liortas, queimas de sacos de durmir, suciedade e outras
cuestións. Desde EU Compostela queremos lembrar que o debate non é se as
persoas sen fogar “molestan”, senón que debe facer o Concello para axudar a
estas persoas.
O Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela presentara o pasado mes de
febreiro unha moción esixindo a Democracia Participativa, necesaria para
articular a través, por exemplo, das asembleas de barrios o debate entre os
veciños e veciñas para acadar solucións os problemas existentes na cidade.
A Democracia Participativa é o mellor camiño para tratar os problemas que
poidan existir en materia de convivencia cidadá en Compostela. A ese respecto,
a veciñanza compostelá debe poder intervir, participar, debatir e aprobar plans
de prevención, cun protocolo de actuación onde se establezan medidas
preventivas.
Propoñendo a execución de plans e actuacións de prevención para a
convivencia cidadá que establezan medidas para atallar comportamentos verdadeiramente
incívicos e irresponsables, e que a súa vez, tralo debate veciñal, se regulen
actividades non incívicas creando programas que contribúan a mellorar a
calidade da convivencia, sendo o modelo punitivo o último recurso ó que asirse
para velar pola necesaria convivencia entre veciños e veciñas.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao
Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. Elaboración de Diagnósticos Sociais por
Barrios. Os organismos pertinentes da Democracia Participativa analizarán as
principais cuestións que se plantexarán en materia de convivencia e civismo,
así como propostas de acción para a mellora da convivencia na cidade.
Segundo.- O Concello habilitará un protocolo que permita realizar un seguimento da
aplicación das normas de convivencia, creándose un observatorio permanente para
a convivencia, que dará conta a través dos mecanismos de participación cidadá.
Terceiro.- Deseñar un plan de mellora e ampliación
dos espazos públicos da cidade porque moitos conflitos se orixinan pola
escaseza de espazos, como polo deseño dos mesmos, permitindo a convivencia e a
armonía de distintas actividades que non son incívicas.
Cuarto.- A elaboración dun mapa de puntos negros
da cidade para coñecer aquelas zonas que
necesitan unha maior atención en canto ó seu mantemento, iluminación, limpeza e
outros aspectos, para evitar a súa degradación e o malestar veciñal.
Quinto.- O Concello aprobará e dotará
economicamente a execución dun plan de choque de limpeza para dar resposta ás
necesidades que no quedan bastante cubertas, especialmente dirixido ós barrios.
Sexto- O Concello, no tocante á convivencia nos
espazos públicos, realizará un plan de inclusión social que prevea o progresivo
despregue dun conxunto de políticas sociais para dar resposta ás necesidades
dos colectivos desfavorecidos, separando os problemas orixinados polos
comportamentos incívicos do que é unha expresión no espazo público de
situacións de exclusión social.
Séptimo- A execución dunha campaña de
sensibilización en relación a todas as situacións descritas e de divulgación
permanente das normas de convivencia, para o cal sería necesario solicitar a
colaboración de entidades e asociacións relacionadas coa materia regulada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






